top of page
Aula e Laboratorio de Idiomas
AULA DE IDIOMAS DA CASA DAS LINGUAS
A Aula de Idiomas é o lugar onde teñen lugar as nosas actividades educativas e académicas. A institución académica considera o aula de idiomas un punto de encontro intelectual para todas as persoas interesadas nos idiomas e as culturas estranxeiras.
A nosa pequena Casa das Linguas ten as súas instalacións gracias ao Concello da Pobra do Brollón que colabora coa Asociación Ítaca para xuntos traballar en beneficio da cultura.
A Aula de Idiomas é un aula multimedia xa que está equipada tanto con material didáctico tradicional, como libros e diccionarios; e un sistema informático composto por un ordenador integrado e un sistema de audio e video dixital con motivo da importancia das TIC na educación e a investigación.
LABORATORIO DE IDIOMAS DA CASA DAS LINGUAS
O Laboratorio de Idiomas é un sistema dixital da Casa das Linguas para fomentar o uso das TIC na educación. Esta ferramenta académica resulta útil na metodoloxía empregada polo noso persoal docente e investigador, xa que proporciona un apoio as tarefas de ensinanza e aprendizaxe.
O noso Laboratorio de Idiomas é un Entorno Virtual de Aprendizaxe creado coa aplicación informática 'Moodle'.
bottom of page